COMUNICADO – SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ESCOLA DE ATLETISMO

Publicado por: Lucus Atletismo

Logo das medidas establecidas pola Consellería de Sanidade para deter a propagación da COVID-19 pola Comunidade Autónoma de Galicia, así como as últimas restricións específicas de aplicación para o concello de Lugo, que entrarán en vigor a partir das 15:00 horas deste venres 30 de outubro de 2020, o CLUB ATLETISMO LUCUS, como medida de prevención e responsabilidade ante o contexto da actual situación sanitaria na localidade, acorda:

 

  • SUSPENDER TEMPORALMENTE OS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA DE ATLETISMO desde hoxe venres 30 de outubro ata o martes 3 de novembro de 2020, ambos incluídos, para as categorías SUB8, SUB10, SUB12 e SUB14.

 

Sabemos que, desde o inicio desta nova tempada, mantivemos medidas estritas de hixiene, prevención e organización para levar a cabo os adestramentos do xeito máis seguro posible, pero tamén debemos ser conscientes da situación crítica na que se atopa a nosa localidade, que nos últimos días está experimentando un aumento preocupante de contaxios. Desde o Club, lamentamos profundamente as molestias que isto poida ocasionar ás familias. Pero neste momento, cremos que debe primar a responsabilidade e a unión para deter a propagación deste virus e superar do mellor xeito posible a situación sanitaria actual, garantindo a saúde de todas e todos.

 

Informarase de calquera novidade a través dos medios de comunicación do Club.

 

 

XUNTA DIRECTIVA

LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

 

Lugo, 30 de outubro de 2020


Enlace con la noticia original: COMUNICADO – SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ESCOLA DE ATLETISMO

Mas noticias relacionadas