Control de Marcas Estadio da Alta

Publicado por: Ourense Atletismo

O Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, o Club Atletismo Negreira, o Club Atlética A Silva, o Club Atletismo O Pino e o Club Ames Atletismo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletsimo, organizarán un control federado de marcas o vindeiro domingo 22 de decembro no Estadio da Alta (Cabío, A Pobra do Caramiñal).

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 22:00 horas do xoves 19 de decembro.

Permitirase a participación de categorías menores dadas de alta no programa XOGADE. As probas serán en horario de mañá.

Reglamento


Enlace con la noticia original: Control de Marcas Estadio da Alta

Mas noticias relacionadas