Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Publicado por: S.G.Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria do 2023 para o xoves, 16 de febreiro na aula de formación do CEIP A Xunqueira (R/ Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, s/n – Pontevedra). Será ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Informe e memoria deportiva da tempada 2025. Entre as que destacan os resultados obtidos a nivel colectivo nos diferentes Campionatos Galegos, así como as permanencias en División de Honra e en Primeira División nas categorías masculina e feminina. Tamén son salientables os resultados individuais, especialmente de Antía e Dani Chamosa, sendo Antía Campioa de España nas dúas distancias e Dani Subcampión. Ademais, ambos foron finalistas no Mundial Celebrado en Tokio en setembro. Tamén destaca o posto de finalista conseguido por Pedro Osorio no Campeonato de España Absoluto no 800 metros lisos e de Sergio Coello no salto de lonxitude ou o récord do clube conseguido polo relevo 4×400.
  3. Ademais dos resultados dos atletas, tamén se fará balance das probas organizadas pola entidade pontevedresa:
  4. Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2025.
  5. Orzamento para o exercicio 2026.
  6. Nomeamento club filial: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra é filial do Club Atletismo Sada en categoría máster, tanto masculinos como femininos. Da Sociedad Gimnástica de Pontevedra son filiais para esta tempada o Asociación Deportiva CAR, o Atletismo Ría de Arousa, o CD Pinarium, o Club Atletismo Sada e o San Miguel de Marín en categoría de menores, tanto masculinos como femininos. Ademais, tamén son filiais o Club Atletismo Negreira exclusivamente en categoría feminina de menores e o Atletismo Deza só en masculina, tamén en menores.
  7. Rogos e preguntas.


Enlace con la noticia original: Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Mas noticias relacionadas