CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA (venres 22 febreiro)

Publicado por: Lucus Atletismo

Segundo os artigos 16 e 17 dos Estatutos do Club de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:

DATA: VENRES, 22 DE FEBREIRO DE 2019.

HORA: ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00h. na segunda convocatoria.

LUGAR: Local Social da Caixa Rural Galega, na Avenida Alfonso X “O Sabio”, Nº5.

ORDE DO DÍA:

  • Memoria e liquidación do presuposto, balance económico do exercicio 2017/2018, votación e aprobación das contas.
  • Orzamentos exercicio 2018/2019.
  • Proposta da Presidenta.
  • Propostas dos socios e socias. Segundo os Estatutos, deberán vir asinadas, polo menos, polo 5% dos/as mesmos/as.

 

A continuación, ás 20:30 horas e no mesmo sitio, terá lugar a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  • Modificación do Artigo 17 do Estatuto.
  • Modificación das cuotas de socios/as, tanto do Club como da Escola.
  • Explicación e posta en marcha das becas do Club.
  • Cese da Xunta Directiva.
  • Inicio das eleccións á Presidencia do Club.

 

Recórdase a todas e todos os atletas socios do Club a recomendación de acudir a ditas Asembleas polo propio interese; así como aos socios/as menores de idade, que poden asistir e/ou estar representados/as polas súas nais, pais ou titores/as legais, con dereito a voz e a voto.


AGARDÁMOSVOS!

Enlace con la noticia original: CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA (venres 22 febreiro)

Mas noticias relacionadas