Cor celeste no Campionato Galego de Clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

Balaidos vibraría esta fin de semana ca disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs que xuntaría ós mellores equipos galegos  na procura do primeiro título importante por clubs do aire libre nun campionato de dez no organizativo e no deportivo.

Tanto o RIA Ferrol como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que defendían o título acado o ano pasado nas pistas ferrolanas da Malata, veríanse superados por un Celta moi motivado neste primeiro ensaio xeral de cara a esa inminente Liga de Clubs

Na velocidade masculina, comezaría o Clube Atletismo Santiago amosando as súas intencións grazas o trunfo de Javi Cancela nos 100 m. que sería contestado polos primeiros postos tanto de Adrían López do A. Narón dos 200 m. como de Pedro Juncal do Real Club Celta nos 400 m.

No medio fondo e fondo reparto de puntos entre os dous aspirantes con victorias para Carlos Porto da Gimnástica nos 1.500 m. e de Gonzalo Basconcelo do Celta nos 3.000 m. Elían Nuna pola súa banda, logaría un dos dous trunfos individuáis para o Narón impoñéndose  nos 800 m. correspondendo o outra victoria  para unha das agradables sorpresas da tempada, Demba Sanyang nos 400 m.v

Nos 110 valados Miguel Pérez do LUCUS Caixa Rural imporíase na proba na que partía como favorito ó igual que Alejo Ares do ADAS nos obstáculos.

Nos sector dos concursos de lanzamentos, incontestable domiño pontevedrés grazas ás victorias de Manuel Vila en xavalina, Francisco Javier Guzmán en disco e Victor Gallego en peso. Tan só o celeste Nacho Rodríguez sería quen de impoñerse no concurso de martelo. Máis repartido estaría os saltos con trunfos da Gimnástica de David e Santi Ferrer na lonxitude e pértega. Alberto Elena do Celta en triple, e Xavier Esteban do LUCUS en altura imporíanse no resto de probas deste sector. Xa nos relevos domiño da Gimnástica e do A.Naron no curto e longo.

Na marcha, os santigueses acadarían a súa segunda victoria grazas a Roberto Vieiro quen sumaría uns moi bos nove puntos que xunto ó resto de actuacións, faría que os santiagueses acadaran un podio histórico nestos campionatos cun total de 115 puntos. No máis alto de ese podio, un ano máis, estarían os atletas do Real Club Celta cunha puntuación total de 137,5 p. rebasando ós da Gimnástica (segundos) por seis puntos e medio.

O Ria cedería ante o ímpetu das locáis

Si en homes o trunfo sería moi laborioso non menos o sería na categoría feminia na que as celestes sumarían o seu terceiro título por clubs desbancando da segunda posición do “ranking” ás compostelanas do CUA de Santiago quenes con tres (o último acadado no ano 2002) lideraban o segundo lugar.

Nesta categoría os trunfos estarían máis concentrados entre as dúas aspirantes ó título. Así a velocidade contaría ca importante aportación da celeste Nediam Vargas que gañaría os 100 m.l.  contribuindo ó trunfo do relevo curto cun excepcioal rexistro de 47.57. Xunto a venezolana, importante victoria de Andrea Pais tamén nos 400 m.l. sendo Paula Ferreiros pola súa contra do RIA, a gañadora nos 200 m.

No medio fondo e fondo reparto de primeiros postos con Lucía Sicre do RIA domiñando claramente nos 800 m, ó igual que farían Sandra Mosquera do ADAS nos 1500 m. e Celia Pérez do A.F. Celta nos 3000 m.

A local Enma Valencia daría uns puntos valiosísimos para as aspiracións do seu club na proba dos 100 v, contestando de contado o RIA co trunfo de Lía Caride nos 400 valados. Alice Marie Genevieve nos 3000 Obstáculos, Iria Rivas en Marcha, Olaia Guisela Becerril na lonxitude, Eva Quimaño en altura,  Bea Viteri en Pértega, e a victoria no 4×400 serían argumentos moi contundentes para apuntalar a victoria celeste con 152 puntos totáis. Capítulo aparte merece Irene Gómez quen lograría un magnífico rexistro de 53.18 m. en martelo que serviríalle para estrear victoria nesta compitición a nivel individual e para acadar o récord galego sub-18, sub-20 e sub- 23 do concurso.

Por parte do Ria pouco poideron facer os trunfos tanto de Tania Valverde en triple como a das ovetenses Gloria García e Aldara Alvárez en peso e disco para contrastar o domiño local,  que acabaría relegandoas ó subcampionato nesta edición cunha puntuación total de 141,5 p. O terceiro lugar sería para a Gimnástica con 114,5 p. e co único trunfo individual de Andrea González na  xavalina

Logo das últimas probas a ledicia, os cánticos e as celebracións na ría de obstáculos marcarían o remate dunha xornada moi intensa, na que competitiviade, deportividade e compañerismo serían a tónica domiñante do campionato

Resultados

O artigo Cor celeste no Campionato Galego de Clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cor celeste no Campionato Galego de Clubs

Mas noticias relacionadas