UD Ourense 5-0 Gondomar: Goleada para situarse en cabeza da táboa

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera o Gondomar por un contundente 5-0 e xa colidera a táboa de Preferente. Os de Fernando Currás sumaron un novo triunfo máis e contan xa por 7 os encontros sen recibir gol. Joni, por partida dobre, Corzo, Fran Martínez e Presas foron os autores dos tantos vermellos.

Fai aproximadamente un mes e medio saltaban as alarmas en O Couto. O equipo caía co Marcón Atlético e afastábase dos postos de ascenso, que voaban a 6 puntos. A dinámica era mala e tocaba trocala para revertir a situación. A directiva deicidiu confiar, estar tranquilos, sabedores de que o equipo acabaría resolvendo a siutuación e meténdose novamente na pelexa polo seu obxetivo. A confianza foi a clave e os froitos vanse recollendo. O equipo a 22 de abril volta a comandar a táboa, empatado a puntos con Estradense e Porriño, pero con todo a favor.

Non solo de confianza viviu o Ourense. O seu bo bagaxe defensivo está sendo outra das claves desta reacción. O equipo sumou o seu sétimo encontro consecutivo sen encaixar e amosa as súas credenciais cun Pato excelso e cunha parella de centrais (Corzo-Vieytes) moi segura e que apunta a seguir marcando hitos. A elo sumouse a recuperación de efectivos tras superar as respectivas lesións e o paso adiante de Germán, ocupando o posto de regista en compañía de Luis.

Hoxe o Ourense amosou a súa mellor cara e o igual que fai 15 días contra o Bande, enganchou a súa afección, ca diferenza de que esta vez foi a base de goles. O encontro non puido empezar mellor para os intereses vermellos. Hugo daba o primeiro aviso cun pase da morte que non atopaba rematador e 4 minutos despois chegaba un penalti a favor, que ademáis conlevaba a expulsión de Alejandro, con tan só 5 minutos transcorridos. Alfredo anotaba dende os 11 metros, pero o colexiado fíxolle repetir o lanzamento e desta o cancerbeiro rival detiña o coiro.

Os minutos transcorrían, a posesión e as ocasións eran vermellas e o gol cuestión de tempo. Joni e Hugo dispuxeron de varias boas ocasións, pero non foron quen de perforar a meta rival. Sería o de Carballeda de Avia, o que por terceira xornada consecutiva abriría o marcador. Josu centraba dende a banda e Joni conectaba unha volea que entraba a porta tras tocar o longueiro.

O gol tivo réplica cunha das poucas chegadas das que dispuxo un Gondomar que sufría moito cun home menos sobre o campo, pero que puido empatar cun potente disparo que obrigaba a Pato a facer unha boa parada. Foi do pouco reseñable nunha primeira metade que seguía transcorrendo cunha nova ocasión de Alfredo e outra de Joni.

O segundo tanto chegaba 9 minutos despois do primeiro. Hugo encaraba o gardamallas, que rexeitaba o coiro e Joni non perdoaba. Segundo gol para o de Carballeda que culminaba uns grandes minutos cun novo tanto. Corzo faría o terceiro a dous minutos do descanso tras unha xogada de estratexia e un pase que recibía no segundo pau.

Trala reanudación, e aproveitando o tempo de lecer para o “Partido TAR”, no que xogadores da nosa Escoliña desputaban un encontro sobre o céspede de O Couto, ante o apluso da nosa afección, proseguiu o festival vermello. Currás retiraba a un excelso Vieytes para protexelo de posibles cartóns e daba entrada a Oli, que pasaba a formar de lateral, desprazándose Codeso o eixe da zaga. Hugo retirouse entre xestos de dor e Fran entrou no seu lugar, recompondo o esquema ofensivo.

O partido, sentenciado no primeiro acto, baixou un pouco en intensidade e o Gondomar cada vez estaba máis fundido físicamente, aínda que Fonsi Valverde tentou facelos espertar con cambios. Durán tamén entraba no Ourense en detrimento de Joni. Fran facía o cuarto tras unha gran xogada de Alfredo, que habilitaba o de Vilardevós para que tras un primeiro tiro rexeitado, anotase na segunda oportunidade. Presas faría o quinto a 9 do final e o marcador xa non se movería.

Con este triunfo e 3 novos puntos, o Ourense pasa a liderar a táboa empatado a puntos con Estradense e Porriño. A próxima cita será o domingo en Moaña, nunha nova final polo ascenso e ante un rival directo. Destacar tamén que nos prolegómenos do encontro, homenaxeuse o conxunto xuvenil e o alevín “C”, flamantes campiós de Liga.

La entrada UD Ourense 5-0 Gondomar: Goleada para situarse en cabeza da táboa se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 5-0 Gondomar: Goleada para situarse en cabeza da táboa

Mas noticias relacionadas