Deixounos Palelas

Publicado por: F.G. Atletismo

Con gran dor recibimos a noticia do falecemento dun dos grandes personaxes do atletismo galego: o lucense Manuel Rodríguez “Palelas”.

Ao longo da súa dilatada vida, ocuparía importantes cargos sendo Presidente da Federación Lucense de Atletismo desde 1978 a 1986, data na que desapareceron as Federacións Provinciais para dar lugar ás Autonómicas. De igual modo foi Delegado en Lugo e  Vicepresidente 1º da Federación Galega de Atletismo así como Delegado e vogal lucense do Comité Galego de Xuíces e Cronometradores.

A nivel deportivo tamén contaría cun destacado curriculo que o levaría a ser considerado como mellor deportista lucense nos anos 1958/59/60.

De igual modo a súa involucración, o seu afán e a súa infatigable capacidade de traballo e xestión a prol do atletismo lucense, foron motivos para ser distinguido pola Federación Galega de Atletismo ca súa máxima distinción, a Medalla de Ouro.  Mesmos recoñecementos tería doutras entidades tales como a Organización da Maratón Popular “Cidade de Lugo” ca Medalla de Ouro e brilantes ou a do Lucus Caixa Rural Galega ca Medalla de Prata.

Desde esta tarde estará no Tanatorio As Gándaras (SERFUJA) de Lugo.

DEP

 

O artigo Deixounos Palelas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Deixounos Palelas

Mas noticias relacionadas