Destacado papel da nosa Selección Galega Sub16 en Cuenca

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de sete medallas e quince postos de finalistas, foi o balance final dun excelente encontro realizado pola Selección Galega Sub16 durante o trancurso do Campionato de España CSD por Federacións disputado esta fin de semana en Cuenca.

A nivel de resultados, foi o equipo feminino quen lograban os sete postos de podio da Selección e que lle outorgaban ao final un moi destacado quinto lugar na clasificación por Seleccións. Os homes, malia non lograr ningún podio no individual, si lograban nove postos de finalistas quen xunto ao resto de actuacións, servían para acadar un sétimo posto da xeral.

En canto a actuacións individuais, o máis destacado foi a primeira posición na proba dos 3.000 m. lograda novamente por Xela Martínez quen apenas daba a máis mínina opción logo de rematar a súa carreira cun crono oficial de 10:08.58,

Aleksandra Kostenko nos 5.000 marcha con 14:45.37, Arauia Al Bachere nos 300 con 47.76;  Nayr Cortegoso en lonxitude con 5.31 m.;  Antía Pernas nos 100 con 12.77;  Lisa Vosberg en pértega con 2.90 e o relevos dos 4×100 feminino (Pernas, Al Bachere, Rial e Cortegoso) lograban sendos terceiros postos das súas respectivas probas e que poñían en valor o importante peso do atletismo feminino da nosa selección.

De igual modo lograron postos de finalistas nas súas actuacións, Adriana Rial e Martín Vázquez nos 100 valos; Valeria González nos 300 m.; Brais Díaz en peso;  Alicia Barreiro e Daniel Salgueiro nos 600 m.; Sara Guedes e Pepe Sánchez nos 1.500 obstáculos;  Pablo Sánchez nos 5.000 marcha;  Teo de Frutos nos 3.000 m.; Amparo Corredoira e Ricardo Negrete nos 1.000 m. e os equipos de relevos masculinos dos 4×100 e masculinos e femeninos dos 4×300 m.

O artigo Destacado papel da nosa Selección Galega Sub16 en Cuenca publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Destacado papel da nosa Selección Galega Sub16 en Cuenca

Mas noticias relacionadas