Distinción do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA como Cabaleiro da Orde da Alquitara de Portomarín

Publicado por: Lucus Atletismo

festaaugardenteportomarn_lucus.jpg DISTINCIÓN AO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA!!

Acabamos de coñecer que o noso club de atletismo foi elixido para formar parte dos novos Cabaleiros e Damas da Orde Serenísima da Alquitara nomeados este ano na Festa da Augardente de Portomarín, que terá lugar o vindeiro 1 de abril, Domingo de Pascua.

Esta congregación, presidida polo alcalde e xunto cos demais membros, nomea cada ano aos seus Cabaleiros e Damas da Orde, aos que lle entrega a súa distinción no día da festa. Este ano, entre as Damas elixidas poden atoparse conselleiras e personalidades destacadas de institucións ou programas de televisión. No caso dos dez Cabaleiros elixidos, o Lucus atópase na listaxe dos nomeados acompañado por alcaldes, escritores e institucións como a Fisioterapia Mayo ou o Club Ciclista Muralla, así como do humorista e pregoeiro desta edición da festa, Moncho Borrajo.

Moitas gracias!

 


Enlace con la noticia original: Distinción do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA como Cabaleiro da Orde da Alquitara de Portomarín

Mas noticias relacionadas