DOUS OUROS MASTER NO GALEGO DE 10.000

Publicado por: Ourense Atletismo

Dous ouros en categoría master foi o botín no galego de 10.000 metros celebrado como estreo da pista de atletismo de Cervo. A pique se estivo de obter outra medalla máis, xa que Miguel Ángel Álvarez, o gañador na categoría M40, quedou a tan só dez segundos do bronce absoluto. Miguel foi finalmente sétimo absoluto e ouro en M40 cun tempo de 35:23.27.

Pola súa banda, Saturnino González, quen xa nos ten acostumado ás medallas en galegos master, gañou desta vez o ouro M60 cun tempo de 37:06.01.

Bo estreo do noso club na pista da mariña, onde esperamos que cheguen máis boas novas no futuro.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CTO.XUNTA GALICIA 10000 ABS.USB23,MASTER E 5000 SUB20,SUB18

La entrada DOUS OUROS MASTER NO GALEGO DE 10.000 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DOUS OUROS MASTER NO GALEGO DE 10.000

Mas noticias relacionadas