El Medhi El Nabaoui principal baza no nacional Sub-18 de Antequera

Publicado por: F.G. Atletismo

 

Continúa esta fin de semana desenvolvéndose xa un dos últimos campionatos de España de Pista Cuberta, sendo desta vez Antequera, quen acolla ós Sub-18.

Nesta cita tomarán parte preto de corenta atletas galegos os cales si ben acuden con obxectivos distintos, si é ben certo que comparten a ilusión, motivación e as gañas de competir.

Entre os máis  destacados por marca e ranking Victor Mosteiro nos 60 m., e logo de facer unha fantástica tempada, acude ca intención de andar preto desos 7.10 que o poderían facer estar  nas posición de honra da proba. Nerea Iglesias do Fontes do Sar pola súa banda tentará mellorar eses 7.87 deste ano.

Manuela Castro do A. Narón intentará salir cun bo sabor de boca dos campionatos mellorando os seus 59.41 nos 400 m. Especial atención a proba dos 800 m. na que a presenza tanto de Lucía Sicre con 2:16.51 como de Irene Barreiro de 2:16.65 ambas do Ria Ferrol poden deparar gratas sorpresas xa que acuden ca terceira e cuarta mellor marca nacional do ano.

Os 3.000 m. a priori ten reservado o título nacional para o estradense do San Paio El Medhi El Nabaoui. A súa calidade individual e os seus rexistros fan que sexa moi superior ó resto de atletas da súa categoría a nivel estatal. Xa nas mulleres a lucense Sara López loitará por mellorar o seu rexistro de 10:36.86

Nos valados os tamén lucenses da Atlética Guzmán Carril e Uxía Pereira loitarán para entrar na final  da súa proba ó mesmo que Raúl Cortizo da Gimnástica no concurso de altura. De igual modo posibilidades para estar en postos de final para Marco Martínez da Gimnástica, Carlos Alvarez da Atlética Lucense e a internacional Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta en lonxitude

Por último tanto Pablo Tojal da Gimnástica en pertéga con 4.10 m. como Aloia Vilas do Universidad de Santiago en altura con 1.61 terán un excelente esciario para sair con mellores rexistros personais.

Relación galegos no Sub-18 de PC en Antequera

Streaming do Campionato

O artigo El Medhi El Nabaoui principal baza no nacional Sub-18 de Antequera publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: El Medhi El Nabaoui principal baza no nacional Sub-18 de Antequera

Mas noticias relacionadas