El Nabaoui e Pedro Vázquez destacan en Xaén

Publicado por: F.G. Atletismo

Destacada presenza galega no LIV Campionato de España de Campo a través por clubs que acollería este domingo o concello xienense de Linares. A el acudiron un bo número de clubs, no que o máis salientable foi a nivel indivual o triunfo de El Mehdi EL Nabaoui do San Paio A Estrada, impoñéndose  na categoría Sub18 masculina. Pedro Vázquez pola súa banda do Celta, lograría o segundo lugar na Sub16 sendo notorio o quinto posto de Esteban Basanta da Escola Atlética Lucense na Sub18.

No apartado por clubs a mellor actuación galega correría a cargo do Atletismo Friol, quenes ocuparían o oitavo lugar na categoría Sub18 feminina.

O resto de actuacións dos galegos e galegas quedaría da seguinte meneira:

Categoría Sub 16 Masculina

7º Escola Atlética Lucense:  7º Antón Martínez;  39º Iván Rego; 75º Daniel Darriba; 120º Anxo Losada; 149º Teshome Hermida; 189º Diego Tome. 13º Real Club Celta: 2º Pedro Vázquez; 52º Daniel Antonio Crespo;127º Biruk Gonzalez; 157 O. Crispin; 205º Dawit Comesaña

Categoría Sub18 masculina

10º Escola Atlética Lucense: 5º Esteban Basanta; 57º Iker González; 83º Hugo Martínez; 87º Carlos López; 116º Moaad Dahmuni;189º Jose García. 21º C.D. San Paio a Estrada: 1º El Mehdi EL Nabaoui; 86º Xoel Rodríguez; 120º Juan Rey; 153º Pablo Camescasse

Categoría Sub20 masculina

9ª Clube Atletismo Santiago: 33º Arturo Ramos;  49º Roberto Trigo; 67º Diego Alonso; 83º Miguel Ansede; 85º Roi Estévez

Categoría absoluta masculina

40º ADAS Proinor: 87º José Talavera; 85º 121 Alfonso Mendoza; 214º Jonatan Díaz; 237º Juán Miguel Maillo ; Abandonos de Alejo Ares e Alberto Carlos Asensio

Categoría Sub16 feminino

12º Ourense Atletismo: 23ª Anxela Seoane;  34ª Martina Fernández;  76ª Clara Mijangos;  161ª Mencía Luis; 216ª Iria García. 38ª Lucus Caixa Rural Galega: 84ª Claudia Gómez;  99ª Carla Díaz; 193ª Mariña Peixoto; 223ª Ana Ben 243ª Daniela Rebolo;  259ª Amina Carracedo

Categoría Sub18 feminino

8ª Atletismo Friol: 18ª Noelia Sánchez; 34ª Lucía Varela;  42ª Nerea Lage;  136ª Vanesa Blanco. 13ª Atlética Lucense con 21ª Carmen Victoria González; 32ª Myrian López; 101ª Catuxa Carreira;  128ª Silvia López

Categoría Sub20 femenino

10ª At. Femenino Celta: 28ª Ruth Carrera; 33ª Elena Costas;  61ª Lucia Cardesín; 130ª Adela Ardao

Categoría Senior feminino

12ª DAS Proinor: 46ª Sandra Mosquera; 69ª Susana Arrúa; 119ª María Yolanda Gutiérrez; 127ª Iria Fernández; 212ª Barca Toba

Por último facer mención ó posto 15ª que ocuparía a Sociedad Gimnástica de Pontevedra no relevo mixto.

Resultados

 

O artigo El Nabaoui e Pedro Vázquez destacan en Xaén publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: El Nabaoui e Pedro Vázquez destacan en Xaén

Mas noticias relacionadas