Busto e Lois dominan na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade

Publicado por: F.G. Ciclismo

 

Volvía unha vez máis Cotobade a dar o pistoletazo de saída da Transgalaica e facíao cun renovado circuíto, máis longo pero tamén máis rodador, o cal permitiu un maior goce dos corredores.

En categoría masculina o vencedor por terceira vez en Cotobade foi Javi Busto ( Extol-La Gramola Team) secundado no podio por Manuel Casuso ( Avelaíñas) e un sorprendente Estefan González (Burgas Bike Team).

Entre as mulleres aínda que Lucía Vázquez arrincou cunha lixeira vantaxe non puido facer nada ante a maior forza de Lara Lois. Terceiro posto do caixón para Isabel Picoaga, vencedora da xeral en 2017.

Por equipos incontestable triunfo de Extol-La Gramola Team que colocou aos tres corredores que puntúan entre os sete primeiros.

Ames acollerá o 10 de marzo a seguinte proba do circuíto.

 

Fonte: Transgalaica 


Enlace con la noticia original: Busto e Lois dominan na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade

Mas noticias relacionadas