Canal impúxose na cita internacional de Banyoles

Publicado por: F.G. Ciclismo

Carlos Canal xa é un dos bikers máis competitivos do panorama internacional e, se callou unha brillante campaña de ciclocrós no inverno, o inicio do calendario da bici de montaña e -en particular- da modalidade olímpica XCO preséntao como un dos juniors de maior proxección.

O deportista do Academia Postal Maceda tomou a saída en Banyoles, a única cita española das UCI Júnior Series -herdeiras da Copa do Mundo da categoría- xunto a varios dos mellores especialistas do planeta, que pronto viron como o de Xinzo de Limia tiraba xa na primeira volta e marchábase, como el mesmo lembraba á conclusión do evento: «Sabiamos que tiñamos boas pernas e fixemos pronto unha pequena vantaxe que non queriamos perder».

Canal reforzou ademais a idea de que lle motivaba gañar en España, antes de afrontar outras citas fóra do país. Ao final, só o belga Lukas Malezsewski mantivo a súa estela, terminando a 24 segundos do antelano. O británico Harry Birchill xa quedou a case un minuto.

Outro ourensán, Pablo Rodríguez, foi protagonista na próba Elite, na que luciu as cores do Primaflor Mondraker Rotor. Nun certame que reuniu a mil corredores de trinta países, a proba raíña contou cunha inscrición de luxo e, cando se formou o grupo definitivo, Pablo comandou un pelotón perseguidor dos sete primeiros, onde o vencedor foi o neozelandés Anton Cooper, por diante dos franceses Victor Koretzky e Maxime Marotte. O macedano terminou décimo cuarto, pero só saíu do top dez nos últimos instantes. Boas prestacións nunha proba Hors Categorie da UCI.

Fonte: La Voz de Galicia


Enlace con la noticia original: Canal impúxose na cita internacional de Banyoles

Mas noticias relacionadas