Elección das/os mellores atletas galegas/os do 2018

Publicado por: F.G. Atletismo

Xa se atopa aberta a pasarela que permitirá escoller ás/ós mellores atletas galegas/os da pasada tempada na Gala do Atletismo Galego que este ano terá por anfitrión o Concello de A Estrada.

Como cada ano, serán varias as categorías que se poderán escoller e que foron establecidas en base ós seguintes criterios:

Para o mellor atleta absoluto femenino e masculino (Internacionalidades absolutas/os, medallistas en campionatos de España absolutos ou que superaran un récord galego absoluto en probas olímpicas)

Para o mellor atleta Sub16/18/20/23 femenino e masculino (Atletas internacionais ou campioas/óns de España nas categorías Sub23, Sub20, Sub18 ou Sub16)

Para o mellor atleta máster femenino e masculino (Medallistas internacionais ou atletas situadas/os entre as 10 primeiras/os do ránking mundial e sempre e cando tiveran participado en campionatos específicos da categoría)

Para poder participar tan só terás que acceder ó seguinte ENLACE e votar polas túas preferidas/os:

Sorte a todas/todos!

 

 

O artigo Elección das/os mellores atletas galegas/os do 2018 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Elección das/os mellores atletas galegas/os do 2018

Mas noticias relacionadas