Éxito na tradicional quedada de recoñecemento do percorrido do Gran Fondo Caixabank

Publicado por: S.G.Pontevedra

A tradicional quedada para a recoñecemento do percorrido homologado do Gran Fondo Caixabank foi un éxito. Contou cun gran número de participantes que desfrutaron dunha volta pola cidade de Pontevedra en compañía e con ritmos que todo o mundo puido seguir.

Este ano contouse coa participación do atleta que máis veces gañou o medio maratón do Gran Fondo Caixabank, Manuel Hurtado. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e responsable das escolas deportivas do club correrá os 10km nesta edición.

Tamén estiveron presentes algúns dos deportistas máis destacados do club pontevedrés. Carlos Porto, que competirá no medio maratón, e Hassan Izzeddine, que correrá os 10km.

Despois da quedada, todos os participantes puideron participar dunha merenda grazas a Panaderías A’Devesa, que sempre apoia o deporte local.

Quedada A'Devesa Gran Fondo Caixabank
Panaderías A’Devesa ofreceu unha merenda aos participantes da quedada do Gran Fondo Caixabank

Récord de participantes

O Gran Fondo Caixabank pechou as inscricións con 2086 participantes.

O xoves terminou o prazo para anotarse nas carreiras de menores. Durante estes días, as inscricións ían subindo, ata alcanzar a cifra de 225 participantes, quedando tan so 75 ocos sen cubrir.

Estes datos elevan os corredores da 43º edición do Gran Fondo Caixabank ata os 2086. 1196 correspóndense co medio maratón e 665 aos 10km.

Ás 600 prazas ofertadas para os atletas na distancia curta, hai que sumar 65 militares do exército de terra (BRILAT) correspondentes á Brigada “Galicia” VII que, como cada ano, correrán e animarán cos seus cánticos durante a proba. Por tanto, por segundo ano consecutivo se colgou o cartel de completo nos 10km. O ano pasado, ademais, ofertáranse 500 prazas, 100 menos que nesta edición.

Con estes rexistros tan positivos pecha o período de inscrición para a 43º edición do Gran Fondo Caixabank, tras máis de 7 meses aberto, posto que todos os interesados tiveron a oportunidade de apuntarse a partir do 3 de marzo de este ano.

Lembramos que o ano que contou con máis corredores foi o 2016 ao chegar a 1987 participantes. Entón so había proba de medio maratón e ese ano coincidiu, ademais, co Campionato Galego da distancia.


Enlace con la noticia original: Éxito na tradicional quedada de recoñecemento do percorrido do Gran Fondo Caixabank

Mas noticias relacionadas