Extraordinario balance para as/os universitarias galegas no nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

Nove medallas foi o balance total das medallas acadadas polas galegas/os no Campionato de España Universitario que durante esta fin de semana se estaría a disputar na localidade valenciana de Castellón e que mellorarían as sete logradas na edición do ano pasado en Andújar.

A expedición galega voltaría da zona de levante cos ouros de Solange Pereira (Universidade San Antonio) nos 1.500 m. con 4:31.08 e de Raquel Meaños (Univ.de Vigo) nos 800 m. con 2:10.23 no que supón un excelente comezo de pista de aire libre para ambas.

Extraordinario comportamento o protagonizado por Paula Iglesias (Unv.da Coruña) nos 400 m. cuns formidables 55.59; Leticia Fernández (Unv.Vigo) nos 1.500 m. con 4:32.56 e Carlos Revuelta (UNED) en martelo con 59.31 m., todas/os elas subcamipoas de España Universitarias. Por último non menos meritorios serían os bronces de Antía Martínez (Unv.Coruña) nos 100 valos con 14.94,  Ana Pajarrón (Unv. Coruña) nos 400 v con 1:02.64 e Sergio Paredes (Unv. Vigo) en martelo con 52.50 m.

Por último salientamos os postos de finalistas que acadarían os seguintes atletas:  4º Fernando Vales (Unv.Santiago) nos 800 m.; 6º Carlos Porto (Unv. Vigo) nos 5.000 m.;  4º Iago Núñez (Unv. Vigo) nos 400 v.; 4ª Eugenia Gil (Unv. da Coruña) nos 800  m; 5ª Sofía Fernández (Unv. da Coruña) nos obstáculos; 6ª Mar Chillón (Unv. Santiago) nos 5.000 marcha; 6ª Xiana González (Unv. Santiago) nos 200 m.; 7ª Claudia Puig (Unv.da Coruña) en xavelina;  7º Alexander Barreiro (Unv. Santiago) no triplo; 7ª Eva Queimaño (Unv. Vigo) nos 100 v. e 6ª en altura;  7ª Ana Carreiras (U.A. de Barcelona) nos 10.000 m.; 8º Raúl Rodríguez (Unv. Santiago) en martelo e 8ª Lucía Ferrer (Unv. Vigo) nos 100 v.

Resultados

O artigo Extraordinario balance para as/os universitarias galegas no nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Extraordinario balance para as/os universitarias galegas no nacional

Mas noticias relacionadas