Fantástico bronce para Peleteiro no Campionato de Europa

Publicado por: F.G. Atletismo

Unha nova medalla acadaría Ana Peleteiro para o atletismo galego no Campionato de Europa de Atletismo que se está a desenvolver en Berlín.  A saltadora de Barbanza marcaría no seu último salto un rexistro de 14.44 m. que sería o que lle daría o bronce nunha competición moi igualada na que quedaría a tan só un centímetro da prata (14.42/14.33/14.12/X/X/14.44). A proba foi gañada pola grega Papahristou con 14.60 m. sendo o subcampionato para a saltadora alemana Gierishch con 14.45 m.

Con esta medalla Ana Peleteiro amplia ó seu xa impresionante palmarés e suma un novo podio que xa a levarían este ano a acadar o bronce nos mundiais de pista cuberta en Birmingham instalándoa definitivamente, na elite mundial e converténdoa en seria aspirante ás medallas olímpicas de Tokio 2020.

Resto dos galegos

Na mañán de hoxe tamén tomaría parte nas series clasificatorias Solange Pereira nos 1.500 m. A pontevedresa, que tomaba parte na segunda serie, sairía de maneira decidida encabezando a proba rematando a súa carreira  cun rexistro oficial de 4:10.63 que farían que ocupase o décimo sexto lugar de todas as participantes.

Resultados

O artigo Fantástico bronce para Peleteiro no Campionato de Europa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Fantástico bronce para Peleteiro no Campionato de Europa

Mas noticias relacionadas