FASE PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 2 decembro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Comeza o mes de decembro e, con el, continúa a tempada do cross. Nesta ocasión será mañá, domingo 2 de decembro, cando terá lugar a primeira das xornadas desta tempada para os/as atletas da nosa Escola e a categoría SUB16 do Club, coa FASE PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS de XOGADE aquí en Lugo, no Pazo de Feiras e Exposicións.

Desde as 11:00 horas dará comezo esta competición escolar que servirá como fase previa á xornada clasificatoria de xaneiro, na que tanto as categorías SUB10, SUB12  e SUB14 contará con representación do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, sendo para moitos e moitas deles a súa primeira vez nunha carreira federada, polo que a ilusión e o compañeirismo nos mergullarán nun ambiente do máis deportivo.

Deixámosvos por aquí o circuíto, os horarios por categoría e as distancias que percorrerá cada unha das carreiras, así como unha serie de recomendacións para mañá.

Circuíto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:00 SUB10/BENX FEM 500m C-A-B-C
11:05 MASC
11:15 SUB12/ALEV FEM 800m C-A-D-F-E-B-C
11:30 MASC 1.000m C-A-D-F-E-G-B-C
11:45 SUB14/INF FEM 1.000m C-A-D-F-E-G-B-C
12:00 MASC 1.200m (C-A-B-C)-(A-D-F-E-B-C)
12:15 SUB16/CAD FEM 1.200m (C-A-B-C)-(A-D-F-E-B-C)
12:30 MASC 2.500m (C-A-D-E-B-C)-2x(A-D-F-E-G-B-C)

 

LEMBRA OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:

  • Acude, polo menos, 50 minutos antes da hora da túa proba correspondente.
  • Trae imperdibles para colocar o dorsal que che facilite a organización, ademais das zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio para despois da carreira.
  • Viste a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta ou sudadera).
  • Desfruta moito da xornada, vive a carreira con competitividade e non esquezas divertirte!

 

VÉMONOS MAÑÁ!!

Enlace con la noticia original: FASE PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 2 decembro, Lugo)

Mas noticias relacionadas