II Control de Marcas – Escola Celta Atletismo 2021

Publicado por: Ourense Atletismo

O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Socios Colaboradores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará o “II CONTROL DE MARCAS – ESCOLA CELTA ATLETISMO 2021” có obxectivo de reiniciar a actividade competitiva dos/as atletas máis cativos/as neste tempo de Pandemia.

Terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño a partires das 18:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaidos (Vigo).

O prazo de inscrición rematará o domingo 20 de xuño ás 20.00 horas.

O límite de participación será de 10 participantes en concursos e 8 en carreiras. Terán preferencia na admisión os/as atletas do Real Club Celta Atletismo, Club Atletismo Feminino Celta e os seus Clubs Asociados. As prazas restantes sortearanse entre os/as atletas que non houbesen competido na tempada 2021 e, se aínda quedasen prazas valeiras, serían para as mellores marcas realizadas nas tempadas 2020 e 2021.

 

Reglamento  Inscritos

La entrada II Control de Marcas – Escola Celta Atletismo 2021 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: II Control de Marcas – Escola Celta Atletismo 2021

Mas noticias relacionadas