III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster

Publicado por: Ourense Atletismo

A Federación Galega de Atletismo organiza o 26 de xuño o III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster en Vigo.

Cada club estará representado por un/ha atleta en cada proba, e cada atleta poderá participar en 2 probas individuais ou 1 proba individual e un relevo ou dous relevos (no caso de poder facerse).

As probas a puntuar serán as seguintes:
Homes e Mulleres
100, 200, 400, 800, 1.500, 3.000, valos curtos, valos largos, obstác., altura, lonxitude, triplo, pértega, peso, disco, xavelina, martelo e marcha.

Para que un Club poida tomar parte deberá cubrir un mínimo de 14 probas.

Deberán presentar DNI, Licenza ou calquera documento oficial con foto)

 

Reglamento       Inscritos

La entrada III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster

Mas noticias relacionadas