Publicado por: F.G. Atletismo
Esta fin de semana os equipos galegos inmersos no Campionato nacional de Liga tanto na División de Honra como na Primera división terán unha importantísima segunda cita en diversos escenarios
Para comezar o RIA Ferrol quen conta co dous puntos, acude as pistas donostiarras de Anoeta para enfrontarse ás locais do Atletismo San Sebastián, F.C. Barcelona e Juventud Atlética Elche. As de Ferrol terán como claro obxectivo ser capaces de poder superar ó equipo levantino e poder disputar a terceira praza ó equipo vasco o que lles podería dar un importantísimo marxe de cara o último encontro.
Pola súa banda, os homes da Sociedad Gimnástica acudirán ata Valencia onde terá que pelexar contra o Fent Cami Mislata, A.D. Maraton e A. Catalunya. Serán precisamente os catalanes quenes estén no punto de mira do equipo pontevedrés, na que os seus obxectivos inmediatos serán evitar a última posición do grupo que complicaría as posibilidades de permanencia.
Na primeira división o Atletismo Femenino Celta con tres puntos viaxa ata as pistas do Río Esgueva de Valladolid ca mentalidade posta en pelexar polo primeiro posto. Fronte elas terán ó complicado equipo local, gañador do primeiro cuadrangular, e as atletas do Hinaco Monzón (2 puntos) e o C.A.Silla (1 punto) . Un bo resultado das celestes meteríanas na loita polos postos de ascenso a División de Honra.
Pola súa banda o equipo feminino da Sociedad Gimnástica acude o domingo a localidade vasca de Durango ca intención de sumar canto menos outros dous puntos nun encontro no que se medirán contra o primeiro clasificado da Liga, o Atletismo Alcorcón. O Bidezabal Durango con tres puntos e o UCAM Cartagena con un, serán a priori os rivais máis directos das do Lérez
Ata LLeida terán que acudir os homes do Real Club Celta onde disputarán o seu segundo encontro. Os olivicos parten cunha cómoda posición de tres puntos que o fan claro favorito sobre o anfitrón quen só suma un punto. O conxunto de L´Hospitalet a priori, móstrase superior ós celestes que terán no UCAM Cartagena o seu principal rival a bater.
Por último na primeira división masculina o Atletismo Narón parte ca necesidade de sumar algún punto no seu desprazamento a Donostia onde compitirá contra o principal favorito o Atletismo Alcorcón. O Super Amara BAT, e Hinaco Monzón (en especial este último) serán os rivais máis directos dos naroneses.
O artigo Importante segunda xornada para os equipos galegos nas ligas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Importante segunda xornada para os equipos galegos nas ligas