Importante sinal galega na historia dos Campionatos de Europa

Publicado por: F.G. Atletismo

O debut da participación española nos Campionatos de Europa de Atletismo remóntanse ao ano 1950 cando por vez primeira se tomaba parte na cuarta edición desenvolta en Bruselas da man do discóbolo madrileño Jose Luis Torres.

Desde entón (e sen contar o actual europeo que se está a celebrar) a Selección tomaba parte en vinte unha ocasións logrando un balance total de 87 medallas das cales 27 son de ouro, 25 de prata e 36 de bronce.

Habería que agardar ata o Campionato de Europa en Budapest no ano 1966, para presenciar o debut do atletismo galego. Foi en concreto o día 1 de setembro cando Javier Álvarez Salgado convertíase no primeiro galego en tomar parte nuns europeos de atletismo sobre a proba dos 3.000 obstáculos logrando a súa clasificación para a final na que sería décimo.

Outro dos atletas vigueses que estiveron presentes na capital húngara aquel ano foi Carlos Pérez participando na proba de marathon. O triolimpico, lograba unha extraordinaria 4ª posición, a vinte segundos da medalla de bronce do atleta local Gyula Tóth.

Na edición seguinte de Atenas-1969 Galicia estivo representada por partida dobre na proba dos 400 m. ca presenza tanto de Ramón Magariños como de Carlos Gayoso á quen se lles xuntaría novamente na marathon a figura de Carlos Pérez.

A presenza femina retrasábase dous anos máis. En concreto unha galega, José Fina Romero, tivo a honra de ser a primeira atleta hispana en tomar parte nuns campionatos de Europa, competindo sobre a proba dos 400 m. que remataba con  56.3. Xunto a ourensá, tamén acudiron a aquela primeira convocatoria feminina as atletas vascas María Fuentes nos 800 m. e  Belén Azpeitia nos 1.500 m.

59 atletas galegas e galegos tomaron parte en Campionatos de Europa

Desde aquela ocasión, a presenza total de atletas da nosa comunidade en todos as citas continentais disputadas foi de cincuenta e nove, das cales a máis numerosa corresponde á desenvolta en Budapest-98 na que foron seleccioadas e seleccioados para interveir un total de oito.

Precisamente nesa edición destacaba a actuación dos nosos maratonianos José Ramón Rey  e Alejandro Gómez quenes remataban a mítica proba nos postos cuarto e quinto respectivamente.

O maior número de participacións corresponde a Frank Casañas quen estivo presente sobre a proba de disco en catro edicións europeas (2010-12-14-16) sendo o seu mellor resultado o quinto posto logrado en Helsinki 2012.  Nesa mesma capital finlandesa, Lolo Penas protagonizaba o único dobrete dos atletas galegos en Europa ao tomar parte tanto nas probas dos 5.000 m. como na dos 10.000 m. nas cales remataba nun  fabuloso décimo posto.

No que atinxe á categoría femina é a tudense Loly Pedrares no lanzamento de martelo con tres edicións (1998-2002 e 2006) a que acumula un maior número de participacións.

Parón de vinte anos

Os noso atletismo estivo presente en catorce edicións das vinte e unha disputadas, producíndose un parón importante de 1971 ao 1990 na que non se contou con ningunha presenza galega.  Desde ese instante, prodúcese unha intermitente pero constante visibilidade que se consolida desde o Europeo de Barcelona 2010 a partir do cal e de maneira ininterrumpida cada dous anos (os campionatos son bianuais),  se contan entre os participantes con atletas galegas e galegos.

O resultado máis importante ata o momento é a medalla de bronce que lograba Ana Peleteiro sobre o concurso de triplo no último campionato disputado de Berlín 2018. Destácase os cuartos postos logrados por Carlos Pérez na marathon de Budapest-66; Juan Ramón Rey na marathon en Budapest- 98 e o de Ruth N´Doumbe no triplo salto en Zurich-2014

.  

O artigo Importante sinal galega na historia dos Campionatos de Europa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Importante sinal galega na historia dos Campionatos de Europa

Mas noticias relacionadas