Las Cadetes Femeninas Subcampeonas Gallegas.

Publicado por: Ourense Atletismo

Este sábado disputouse nas pistas do INEF de Bastiagueiro, dous campionatos os de Cadetes e os de Xuvenil/ Junior. Deronse cita preto de 650 atletas dos corenta equipos que forman os dazasete clubs participantes en representación de todalas delegacións galegas, sendo por volume, un dos campionatos de pista con maior número de atletas tomando parte. Como non podia ser doutro xeito ata esa localidade, desprazamos un nutrido grupo de atletas do noso club.

En canto os resultados obtidos, cumpren destacar o excelente papel desenvolto polas nosas cadetes, quenes serian quen  de acadar o segundo posto do podium cun total de 144 puntos.  Debemos destacar dentro de ese esforzo os novos récords do club, Itziar Gómez,  situaba na proba de lanzamento de martelo 3Kg a unha distancia de 28.71 mts, sobrepasando por uns poucos centimetros o anterior; recordar que estaba vixente dende o ano 2009. Martina Colmenero faría o mesmo na proba dos 1.500 Obstáculos, rebaixando en case 10 segundos o anterior , este anterior récord era máis recente, ano 2015.

Os Cadetes homes, tiveron nesta ocasión, pouca sorte, a pesar do esforzo despregado, só puideron acadar a 4ª posición, a terceira posición escapabase por 7 puntos. Martín Rivera, na proba dos 1.500 Obstáculos,  estivo a 22 centesimas de igualar o vixente récord do club.

Tivemos ocasión tamén de desprazar un equipo sub28/sub20 masculino. A pesar das dificultades atopadas, a competición quixo que soamente puidesemos acadar a 6ª posición, ainda que a 5ª escapouse por só dous puntos. Neste grupo de atletas David González poría un novo rexistro na proba do lanzamento de 6 kg (4.37 mts.)

 

Felicidades a todolos atletas, sen vos estes resultados non serían posibles. Noraboa.

 

Fotos Oscar del Campo  Resutados Sub-16  Resultados Sub-20

 


Enlace con la noticia original: Las Cadetes Femeninas Subcampeonas Gallegas.

Mas noticias relacionadas