Letras galegas a ritmo de Relevos

Publicado por: F.G. Atletismo

Mañán 17 de maio, día das letras galegas 2018 que este ano estará adicado a María Victora Moreno, acontecerá en Ourense o II Campionato de Galicia de Relevos que se desenvolverá ca colaboración e organización do Clube Deportivo Aurum.

Esta campionato de recente creación, achégase a súa segunda edición co propósito de dar un novo pulo a este sector que polas súas características viña de ocupar un menor protagonismo dentro do apartado de tecnificación. Malia elo, e dende fai xa algúns anos, estánse a realizar concentracións periódicas e específicas deste sector que ademáis veñen enriquecidas ca aportación de técnicos de prestixio como sería o caso na última das mesmas, da participación do responsable da RFEA do sector Valentín Rocandio.

Nas probas, que se disputarán dende as 10.45 horas  ata as 14.00 horas,  poderanse contemplar as evolucións dos múltiples equipos que dende as categorías sub-10 ata os máster tomarán parte nas distintas carreiras programadas.

Lembramos que o ano pasado o Riazor Coruña sería o gran domiñador na categoría absoluta logo de imponerse nos dous relevos curtos así como no relevo do 4×400 femininos. O Coruña Comarca acadaría o campionato galego nos 4×400 homes.

O artigo Letras galegas a ritmo de Relevos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Letras galegas a ritmo de Relevos

Mas noticias relacionadas