Publicado por: Ourense Atletismo
Iria Solera, Manuela Blanco, Blanca Pereira e Yiset Magali Jiménez foron as catro participantes do Club Ourense Atletismo no Campionato de España de Federacións Autonómicas. As nosas atletas contribuíron coas súas marcas á sexta posición acadada pola selección galega.
Iria Solera foi sétima con 1.70, Manuela Blanco sexta con 3.60, Blanca Pereira cuarta con 59.82 e Yiset Magali Jiménez primeira con 57.99. Os resultados poñen en valor a gran progresión do equipo feminino que acadou o ascenso á Primeira División este ano. Todas as nosas atletas acadaron praza de finalista e Magali obtivo a vitoria.
A sexta posición para Galicia foi cómoda, rematando a 28 puntos da quinta posición ocupada por Castela e León e a 29.5 da sétima que ocupou Navarra.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campionato de España de Federacións Autonómicas
La entrada CATRO PARTICIPANTES DO NOSO CLUB COA SELECCIÓN GALEGA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CATRO PARTICIPANTES DO NOSO CLUB COA SELECCIÓN GALEGA