Publicado por: F.G. Atletismo
Un total de 99 novos rexistros autonómicos son os que ata o día de hoxe se teñen establecido nas distintas categorías e probas do atletismo galego na pista ó aire libre nesta actual tempada (tomándose só a última marca batida).
De novo a maior proporción corresponde as mulleres que suman un total de 58 novas marcas polos 41 da categoría masculina reafirmando deste xeito a importancia do sector feminino como o verdadeiro impulsor hoxe en dia do noso deporte.
Nas categorías inferiores (ata infantil) establecéronse 10 melloras, polas 30 das categorías cadete ata absoluta. Os veteranos seguen a representar unha parte moi activa do noso deporte cun medre considerable que os leva a acadar a cifra de 57 novas melloras, das cales é a categoría máster 45 a que acumula un maior número con 12.
Por especialidades son os lanzamentos con 15 o sector que conta con máis variacións, seguido dos valados con 14 e os saltos, mediofondo e velocidade ambos con 13.
O artigo Un cento de logros publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Un cento de logros