Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

Publicado por: S.G.Pontevedra

O Gran Fondo Caixabank, que se celebrará o 15 de outubro, segue levando bo ritmo de inscricións. Xa se superan as 1200 persoas anotadas. Concretamente son 1240 entre as tres probas.

A distancia do medio maratón conta con 780 participantes, os 10km con 355 e a proba dos cativos con 105. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación. As inscricións pechan o domingo 8 de outubro ás 23:59h. Agora o prezo para anotarse é de 30€ na longa distancia e de 15€ na curta. A proba dos menores segue custando 1€ e terán de prazo para inscribirse ata ás 23:59h do venres 13 de outubro.

Entre os atletas inscritos, xa contamos coa participación do vencedor do ano pasado, o atleta internacional Reyes Estévez; pero tamén está anotado o segundo clasificado do 2022, Anxo Castro. Polo tanto, as rúas de Pontevedra revivirán o duelo de hai un ano.

Na categoría feminina, de momento, non hai confirmación das atletas vencedoras o ano pasado. Porén si está na lista de inscritos a segunda clasificada da edición de 2022, Ángela Rodríguez, que volverá con gañas de subirse ao podium.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.


Enlace con la noticia original: Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

Mas noticias relacionadas