Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

Publicado por: S.G.Pontevedra

O Gran Fondo Caixabank, que se celebrará o 15 de outubro, tivo un aumento de inscricións nas últimas horas. Pecha con 1336 inscritos.

A distancia do medio maratón contará con 816 participantes e os 10km roza os 400 inscritos. A distancia curta quédase nos 399. A proba dos cativos leva 121 anotados. Pero aínda hai ata ás 23:59h do venres 13 de outubro para apuntarse no proba dos menores. O prezo segue sendo de 1€ ata que peche o prazo de inscricións.

Entre os atletas inscritos, xa contamos coa participación do vencedor do ano pasado, o atleta internacional Reyes Estévez; pero tamén está anotado o segundo clasificado do 2022, Anxo Castro. Polo tanto, as rúas de Pontevedra revivirán o duelo de hai un ano.

Na categoría feminina, de momento, non hai confirmación das atletas vencedoras o ano pasado. Porén si está na lista de inscritos a segunda clasificada da edición de 2022, Ángela Rodríguez.

Recollida de dorsais

Unha vez pechadas as inscricións, o seguinte paso é coller os dorsais. Haberá dúas opcións:

  • Os deportistas que son de Pontevedra terán dende o 11 ao 14 de outubro para recoller os dorsais na Tenda Miler Vintage Running Club. En horario de 10:30h a 13:30h e de 17:00 a 20:00h.
  • Os atletas que son de fóra de Pontevedra poderán coller os dorsais o 15 de outubro, o día da carreira no Pavillón Universitario de Pontevedra. Dende ás 8:30h ata as 10:00h.

Lembramos que todos os participantes poden doar de xeito voluntario alimentos non perecedoiros no momento de recoller os dorsais. Entregaranse á Rede Axuda, institución que depende do Concello de Pontevedra


Enlace con la noticia original: Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

Mas noticias relacionadas