Publicado por: F.G. Atletismo
Preto de 450 atletas daranse cita este domingo no Concello de Redondela para participar no Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1Km que arrincará a partir das 10.30 h. desde a rúa Alfonso XII.
As primeiras probas en disputarse serán o das categorías menores (Sub10 ata Sub16) que transcurirán desde as 10.30 horas ata as 11.20 , sobre a distancia dun quilómetro. Entre a relación de inscritas e inscritos, figura a presencia de varios dos campións galegos da pasada edición celebreda na Lourenzá entre os que se atopan Mireia Díaz do Olympo As Pontes e Mateo Vilela do Millaraio na Sub12; Nadia Cojeno do Vila de Vigo e Nicolás Amado do At.Sada na Sub14 e Lía Núñez da At. Lucense e Sergio Silva da S.A.Trega na Sub16.
Xa a partir das 11:55 h. é cando arrincan as distintas categorías do campionato galego de milla en ruta na que tomarán parte algúns dos atletas galegos e galegas máis importantes do momento.
Na categoría absoluta masculina o Sub20 Alex Sierpes do Vicky Foods posicionase como un dos atletas aspirantes ao título galego autonómico. O internacional, e multi plusmarquista e campión de España, comeza esta tempada de aire libre co obxectivo de repetir a gran tempada efectuada o ano pasado e que mellor maneira de facelo que logrando en Redondela o título galego.
Xunto ao guardés estarán tamen atletas importantes como o Sub18 Xoel Franco do Celta At. quen este ano lograba proclamarse campión de España de pista curta nos 1.500 m. logrando ademáis a mínina europea da súa categoría. Pablo Ulla e Pepe Sánchez del Valle da Gimnástica xunto a Hugo García do At. Portugalete, serán outros dos atletas que a priori estarán na loita polo podio.
Na categoría feminina non menos importante é a participación das irmáns internacionais do At. O Pino, Debritu e Demeku Paniagua quenes o ano pasado debutaban ca selección de España nos Mundiais tanto de campo a través como de pista, logrando Debritu o bronce nos 2000 obs. no campionato FOJE e Demuku o triunfo no Iberoamericano Sub18. Pola súa banda a Sub20 Sabela Martínez da Gimnástica, é outra das atletas destacadas logo da sua selección no 2025 para acudir ao Campionato Europeo sub 18 na proba dos 2000 obstáculos que se estivo celebrando en Eslovaquia. Leyla Villar do Sanysec-Ourense, Paula de la Torre da Gimnástica e Sara Guedes da At. Lucense, serán outras das atletas quenes esten la loita polos postos importantes da proba.
Presenza de campións galegos
Xunto aos atletas citados estarán tamén sobre o circuito redondelá algúns dos gañadores e gañadoras do ano pasado defendendo o seu título. Entre eles se atopan Lucía Balseiro do (La Purísima) na Sub23; Damian Araujo (Marineda At.) na M35, Belén Bascoy (S.A.Trega) e Fernando Pérez (Ferrol At.) na M40; Ramiro Méndez (A Gándara) na M65; David Martínez (SD Compostela) na M45; Jose Antonio Burgos ( S.M.Marín) na M50 e Begoña de Arriba (Egovarros) na F70.
O artigo Máis de 450 atletas acuden ao galego de milla en ruta de Redondela publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Máis de 450 atletas acuden ao galego de milla en ruta de Redondela
