Publicado por: F.G. Atletismo
Un total de catrocentos setenta participantes en representación de algo máis de cincuenta clubs, tomarán parte durante esta fin de semana no XXXVII Campionato Xunta de Galicia de pista curta Sub16 individual e de combinadas que se estará celebrando no recinto feiral de Expourense.
Entre os obxectivos de todas e todos os participantes, estarán as medallas de podio, as melloras nos rexistros personais e as mínimas de participación para a disputa dos campionatos de España PC do vindeiro 7 de marzo en Salamanca.
Atletas destacados e destacados
Entre a relación de atletas máis destacadas por rexistros, contaremos ca participación nos 60 m. dos atletas do Rías Baixas Eric Graña e Noa Valiña quen con 7.35 e 7.92 respectivamente, posicionanse como serios candidatos ao título automómico.
Un prato forte do campionato será a proba dos 300 m. na que acuden tanto Martín Saavedra do At. Sada (37.48) como Martín Barredo do At. Narón (37.61) no que será un dos grandes duelos da xornada. Pola súa banda na categoría feminina é Emma Otero do Coruña Comarca a que asume o papel de favorita grazas ao seu rexistro de 41.88.
Outro Martín, desta ocasión Matín Otero do At. Narón, posicionase claramente na proba dos 600 m. grazas aos seus 1:26.02 que o sitúan de segundo no ranking RFEA. Sen abandoar o medio fondo Pedro Moirón do Maderas Barcía Lourenza Cervo (2:40.15) xunto a Lucas Costa do Vila de Vigo (2:42.28) loitarán polo título galego na proba dos 1.000 m.
No sector de fondo Samuel Tallón do Ferrol Atletismo acude co mellor rexistro na proba dos 3.000 m. de 9:12.14 na que o seu principal opoñente é Guillermo Ortigueira do At. Narón con 9:25.35 . Na categoría feminina ante a ausencia de Mencia Álvarez é Xoana Rodil do SD Compostela quen acredita o mellor rexistro das participantes con 10:34.64.
No círculo de lanzamentos estaremos moi atentos ás actuacións de Antía Suárez do At. Narón. e Mario Casal do Sanysec-Ourenss, favoritos no concurso grazas aos seus 11.04 m. e 12.83 m. respectivamente.
Nos saltos, Naiara López do Comesaña S.C. é a favorita sobre o listón de altura grazas aos seus 1.62 m. realizados este ano en Ourense. Sobre a pértega, tan só Inés Muradás do Celta At. foi quen de saltar este ano por riba dos tres metros, ata os 3.12 m.
Por último no concurso de probas combinadas, tres atletas masculinos están na zona dos tresmiles, Eloy Fernández do At. Piringalla con 3471 p., Iago Gómez da Gimnástica con 3364 p. e Mario Tegegn da Gimnástica con 3095 p. Na categoría feminina máxima igauldade entre Lena Curras da S.Gimnástica (2961 p.) a Irene Méndez do Celta At. (2950 p.) separadas tan só por once puntos.
O artigo Máis de catrocentos atletas acuden ao galego Sub16 de pista curta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Máis de catrocentos atletas acuden ao galego Sub16 de pista curta
