Marín xa conta cas súas pistas

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte quedaron inauguradas as reformas do Estadio Municipal de San Pedro pertencente ó Concello de Marín. As novas pistas municipais de atletismo da Raña contaron ca presenza de preto de 400 alumnos pertencentes o IES Illa de Tambo e na que ademáis asistiron, os olímpicos irmáns de la Torre e Jean Marie Okutu e representantes das distintas institucións públicas e deportivas.

Importantes melloras

Estas pistas contan con 400 metros de corda e unha recta de 6 rúas de 110 metros de lonxitude xunto á bancada. Ademais, a tenor das obras foi reformulada a posición da pista de salto de lonxitude e triplo . Tanto o salto de altura como o de pértega sitúanse na media lúa norte e contan cun novo pavimento continuo.

Ademais executáronse actuacións precisas para a mellora do funcionamento das instalacións tales como o novo sistema de drenaxe da pista ou a nova rede de saneamento.

Con esta remodelación que ascendería ós preto de 314.600 € vaise conseguir  a homologación do recinto deportivo que dotará ó atletismo galego dun novo e importantísimo escenario.

O artigo Marín xa conta cas súas pistas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Marín xa conta cas súas pistas

Mas noticias relacionadas