Nin o frío pode cos célticos!

Publicado por: Celta Atletismo

Febreiro comezaba cun fin de semana marcado polas baixas temperaturas, nunhas condicións que non invitaban precisamente a competir ao aire libre. Non obstante, os atletas célticos demostraron novamente o que é afouteza e rendiron á altura do comezo de temporada que levamos.

  • No Campionato Provincial de Cross celebrado en Portas a Escola Celta Atletismo seguiu medrando. Os cadetes seguen demostrando que hai una xeración de moito futuro proclamándose campións na categoría sub16, mentres que os alevíns foron prata co equipo masculino. Un orgullo ver á nosa canteira competindo así!

    Os nosos cadetes posando co seu trofeo de campións provinciales. Orgullosos de vós rapaces!

  • Pola súa parte, nos maiores no Absoluto de Cross en Ribadavia a actuación máis destacada foi o 9º posto de Lucía Cardesín na carreira sub20. Fran Rodríguez Juan Pazos na carreira absoluta non chegarían a rematala.
  • Gran actuación dos nosos lanzadores en Vila Nova da Cerveira. Lara Tilve conseguía a mínima para o Campionato de España sub16 en lanzamento de martelo 3kg despois de lanzar 44’22, mellorando máis de 8m a súa anterior marca. Irene Gómez tamén acadaba unha nova marca persoal co mesmo artefacto pero na categoría sub18 con 57’22. Cándido Acuña lanzaría ó dardo de 800g a 43’14m despois de varios anos sen competir; mentres que Eric Méndez chegaría ós 47’53 co martelo de 5kg -cando aínda lle corresponde co de 4- e Nacho Fernández a 59’05 co martelo absoluto, que o sitúan como o mellor lanzador da disciplina en 1ª División tendo en conta os estadillos.

    Lara convertiuse na sexta lanzadora das categorías inferiores en conseguir unha mínima nacional.

     

Permandece atentos esta semana porque antes do Entroido teremos unha previa intensa, especialmente coa vista no Nacional Indoor sub23 de Salamanca. Mentres, boa semana de entrenos!

O entroido adelantouse para os nosos máis cativos máis guerreiros!


Enlace con la noticia original: Nin o frío pode cos célticos!

Mas noticias relacionadas