Nova fin de semana de tecnificación en Lugo

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana tivo lugar en Lugo unha nova concentración do sector de velocidade que xuntou a un importante número de atletas.

O módulo de Lugo, foi o lugar no que se desenvolvería esta nova xornada baixo a dirección do responsable do sector Jose Carlos Tuñas, que estivo acompañado polos técnicos Verónica Cores, Oscar Fernández, Isidro Abuín, Marcos Otero, Javier Abad e Angel Fidalgo.

Durante as xornadas, que contaron cun marcado carácter técnico, tamén houbo tempo para manter unha charla organizada que protagonizaron o técnico e exatleta internacional Serafín Carballo e a tamén atleta internacional e explusmarquista galega Cristina Veiga.

De igual modo, e como aspecto salientable, entre as asistentas e os asistentes á concentración encontrábanse aos atletas internacionais Ainhoa Repáraz e Mauro Triana así como  algúns atletas top do ranking nacional nas súas categorías.

Un ano de tecnificación

Xunto a esta xornada tamén se disputaron ao longo do ano varias sesións técnicas como as que se protagonizaron no sector de lanzamentos dirixida por Raimundo Fernández ou as que se organizarán no sector de marcha dirixida por Carlos Morales.

O artigo Nova fin de semana de tecnificación en Lugo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Nova fin de semana de tecnificación en Lugo

Mas noticias relacionadas