Nova sesión Técnica do Plan Galego de Tecnificación da FGA

Publicado por: F.G. Atletismo

Ao aveiro do Plan Galego de Técnificación Deportiva, o sector de lanzamentos da Federación Galega de Atletismo, convoca  unha nova xornada técnica do presente ano, ca finalidade de facer un seguimento directo tanto cas atletas seleccioadas/os como cos seus respectivos adestradores quenes tamén estan convidados a tomar parte.

A xornada dirixida por Raimundo Fernández, contará ademáis ca presenza dos técnicos Necho Fernández, Frank Casañas e Pepe Domínguez quenes se encargarán de cada unha das modalidades.

A xornada terá lugar nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educacion Física de Bastiagueiro (INEF) o 2 de outubro de 11.00 a 19.30 horas.

Lémbrase que para tomar parte, compre confirmar obrigatoriamente asistencia na ligazón habilitada antes do martes 28 de setembro ás 20:00h. (a non confirmación da asistencia será considerada como renuncia a tomar parte na sesión técnica)

Dez xornadas

Ata o momento a nivel de Tecnificación, foron desenvoltas un total de dez xornadas no presente ano, onde ademáis tamén se contaría ca posibilidade de facer recoñocementos médicos a atletas de nivel nacional e internacional (segundo criterios expresados no PGTA) estando programadas varias máis de aquí ao remate do ano

Xornadas desenvoltas no 2021

 

 

O artigo Nova sesión Técnica do Plan Galego de Tecnificación da FGA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Nova sesión Técnica do Plan Galego de Tecnificación da FGA

Mas noticias relacionadas