O ASCENSO TERÁ QUE ESPERAR

Publicado por: Ourense Atletismo

O ascenso a Primeira División do equipo feminino terá que esperar. Algunha baixa de última hora como a de Andrea Reija, quen ía participar nos valos curtos e o 4×100, lastrou ao equipo nunha competición sempre moi igualada. Aínda así, a evolución do club segue sendo positiva ao rematar na sexta posición na primeira vez que compite nesta final A da Segunda División.

O compromiso das atletas foi total, manténdose con opcións durante moito tempo e chegando a estar na segunda posición que daría o ascenso á metade da xornada. Malia iso, o tramo final do campionato perxudicounos, e non foi posible chegar aos relevos con opcións reais de podio. Sexta posición ao final das 18 probas, e un novo chanzo superado cara o ansiado obxectivo do ascenso.

A nivel individual destacan as victorias de Raquel Cosme en pértega, Blanca Pereira en martelo, Yiset Magali Jiménez na xavelina e Carmen Escariz na marcha.

Polo que cómpre ao equipo masculino, disputou en Móstoles a final B3 da segunda división, sen opcións ao ascenso. Sen a presión que iso implica, foi unha xornada excepcional con varias mellores marcas como as de Martín Míguez Hugo Fernández. Acadamos a cuarta posición no encontro, amosando en todo momento capacidade competitiva.

Tamén foi unha xornada na que moitos dos nosos atletas competiron fóra de Galicia e nun campionato nacional por primeira vez. Gran experiencia na que se puideron familiarizar con certos protocolos máis esixentes dos que están acostumados. A única vitoria foi a de Nicolás Collazo nos 5000 marcha. O atleta do filial Ames foi clave para asentarnos na cuarta praza grazas á súa magnífica actuación.

En resumo, ainda que o obxectivo principal do ascenso das mulleres non foi posible, a xornada da liga de clubs non nos deixou un sabor de boca especialmente malo, posto que supón a consolidación do proxecto do Club Ourense Atletismo, xa asentado como un dos mellores clubs de Galicia e que ano a ano mellora os seus resultados a nivel español.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España Clubes 2ª División Mujeres – Final A

Campeonato de España Clubes 2ª División Hombres – Final B3

La entrada O ASCENSO TERÁ QUE ESPERAR apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: O ASCENSO TERÁ QUE ESPERAR

Mas noticias relacionadas