O asfalto de Vilagarcía coroou a Tina Fernández e Anxo Castro

Publicado por: F.G. Atletismo

Tina Fernández do Club Atletismo SAR con 1h.23:02 e Anxo Castro do Vicky Foods con 1h.07:44, proclamáronse no día de onte campións galegos de media maratón na edición levada a cabo no Concello de Vilagarcía baixo a participación de preto de medio milleiro de persoas.

Nunha xornada que a nivel climatolóxico gozou das condicións óptimas para o seu desenvolvemento,  Anxo Castro que partía como favorito ao título, reeditaba o campionato logrado o ano pasado en Pontevedra. No podio estivo a compañado por Álvaro Prieto do Atletismo Corredoiras que chegaba a 68 segundos, sendo terceiro Jorge Crespo do Atletismo SAR a dous minutos e catro segundos da cabeza.

No tocante á categoría femenina a especialista en ruta Tina Fernández quen partía entre a relación de candidatas a medallas, lograba impoñerse neste certame logo de quitar corenta segundos á segunda clasificada, María Jesús Conde do Lugo Running e un minuto á medallista de bronce, Sofía Freaza do Comesaña S.C.

No apartado de récords galegos, salientar o logrado polo atleta M65 Manuel Suárez do Veteranos de Samil quen invertía un tempo oficial de 1h.20:44.

 

Relación de campioas e campións galegos 2023

  • Absolutos. Tina Fernández (At.SAR) e Anxo Castro (Vicky Foods)
  • Senior. Andrea Iglesias (A.Fisioterapia) e Daniel Pérez (Lucus CRG)
  • Sub20. Ainoa Gontán (SD Compostela)
  • Sub23. Martín Barreiro (At. Narón)
  • Master 35. Silvia García (At.Sar) e Anxo Castro (Vicky Foods)
  • Máster 40. Tina Fernández (At.SAR) e Álvaro Prieto (At. Corredoiras)
  • Máster 45. Natalia García (R.Oleiros) e Alejandro Pesado (C.A.Pino)
  • Máster 50. Inés Papín (At. Sada) e Elias Domínguez (Fisio.S. Lázaro)
  • Máster 55. Teresa Castro (At. Noia) e Santiago Falcón (At. Cambados)
  • Máster 60. J.Carlos Brandón (Fontes do Sar)
  • Máster 70. Gonzalo A.Vázquez (Esprintes Ou.)
  • Máster 75. Roberto Rey (Vet. Samil)
  • Máster 80. Julio C. Constenla (At.+9Moraña)

O artigo O asfalto de Vilagarcía coroou a Tina Fernández e Anxo Castro publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O asfalto de Vilagarcía coroou a Tina Fernández e Anxo Castro

Mas noticias relacionadas