O Concello de Caldas e a Federación Galega apostan polo Trail Running

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte tivo lugar unha xuntanza de traballo no Concello de Caldas no que tomaron parte o concelleiro de Deportes Jacobo Pérez, o presidente da FGA Iván Sanmartín e o responsable técnico de Trail Running da FGA Iván Sangiao.

Nun enconto calificado como de “moi productivo” , tratáronse distintos aspectos entre os que se destaca a colaboración entre ambas institucións para o fomento dos valores do deporte así como do valor patrimonial, cultural e natural do Concello de Caldas a través do trail running.

Eixos de actuación

Para levar a cabo esta colaboración, acordaronse desenvolver unha serie de puntos programáticos:

  1. Creación de rutas de adestramento seguro baixo a coordinación de Iván Sangiao
  2. Tarefas de balizamento por parte do Concello que unirá o río Umia e o Alto do Xiabre. Serán de 6,5 km de ascenso e 6,5 km de descenso, cun desnivel positivo de 650 m. apto para todos e todas.
  3. Probas deportivas. Estase traballando para organizar no Concello unha proba apta para todos os públicos en modalidade de caminata ou andaina e que coincidirá no seu percorrido, ca proba de Trail curta oficial para as categorías inferiores Sub16, Sub18 e sub20 (aberta tamén para todas aquelas persoas que desexen inciarse). O trazado percorrerá as zonas de Caldas, Río Umia, Fervenza de Segade e a súa ponte romana.  De igual modo existirá unha terceira ruta que será a máis longa, e que partindo do mesmo percorrido, ascenderá ata o alto do Xiabre e baixará ata Caldas para confluir no zona do casco histórico por donde transita o Camiño de Santiago.

Con este importante acordo, o sector do Trail Running Galego continúa traballando na procura de novos convenios, escenarios e actividades que están a facer posibles, unha cada vez maior práctica e fomento desta modalidade no noso atletismo.

 

O artigo O Concello de Caldas e a Federación Galega apostan polo Trail Running publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Concello de Caldas e a Federación Galega apostan polo Trail Running

Mas noticias relacionadas