O domingo dispútase o galego do 5 km. ruta

Publicado por: F.G. Atletismo

O vindeiro domingo día 17 de marzo celébrase no circuito urbano e homologado de As Pontes o X Campionato de Galicia en ruta dos 5 km. para a categorías absoluta, Sub18, Sub20, Sub23 e máster.

O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de As Pontes.

A saida, que será as 11 horas, xuntará a destacadas/os atletas entre os que destacan Paula Mayobre gañadora o ano pasado na categoría absoluta feminina e que aspira a revalidar o título. Xunto ela tamén estarán presentes as gañadoras da pasada edición nas súas respectivas categorías como Laura Santos do Lucus Caixa Rural na Sub23, e Sonsoles Martín do ADAS Proinor na Sub20

Nas/os máster contarase tamén ca participación de varios dos gañadoras/es da edición pasada entre os que se atopan  Amador Pena do C.A. O Pino na categoría M35; Karina Pasandín do Verxel Nutrición na F40, Juán Antonio Gude do Lucus Caixa Rural na M45, Samuel José Veiga do Atletismo Milladoiro na M50, María Elisa Paz do Egovarros de Viveiro na F60 ;  María Esther Martínez do C.A. Sada na F60; Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol na M60; Pilar Hermo de la Mochila del Deporte na F65 e Domingo Alvarez do Egovarros de Viveiro na M65.

O artigo O domingo dispútase o galego do 5 km. ruta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O domingo dispútase o galego do 5 km. ruta

Mas noticias relacionadas