O Gran Fondo Caixabank e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra colaboran coa Carreira de Leo

Publicado por: S.G.Pontevedra

A cuarta quedada de Leo da Carreira de Leo organízase por primeira vez en Pontevedra. A xuntanza, que busca promocionar a Carreira Solidaria de Leo fóra de Meis, sairá dende a Ponte dos Tirantes.

O percorrido é de aproximadamente 5km e é apto para todos os públicos e ritmos. Será o próximo mércores 17 de setembro ás 20h.

O obxectivo da xuntanza é promover a participación de deportistas ou corredores populares con diversidade funcional nas distintas carreiras e intentar crear categorías e espazos inclusivos no mundo do deporte.

Por parte da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e do Gran Fondo participarán Manuel Hurtado, responsable das Escolas de Atletismo do club pontevedrés e vencedor en cinco ocasións do Medio Maratón; e Víctor Riobó, ex atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e director técnico do evento deportivo que se celebrará o próximo 19 de outubro.

A Carreira de Leo é un evento deportivo que busca visibilizar as enfermidades raras.

Esta andaina do próximo 17 de setembro tamén será unha boa ocasión para promocionar o Gran Fondo Caixabank. Lembramos que aínda está aberto o segundo prazo de inscricións. Nel, a distancia do medio maratón custa 21€ e os 10km, 10€. A partir do 12 de outubro aumenta o prezo.

Ademais, hai prazas limitadas. Agora mesmo, xa hai máis de 680 inscritos na distancia longa e máis de 250 na curta. En total, hai 1200 prazas e 600, respectivamente.

Tamén se organizan carreiras para os máis cativos cun custo simbólico de 1€.


Enlace con la noticia original: O Gran Fondo Caixabank e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra colaboran coa Carreira de Leo

Mas noticias relacionadas