O OURENSE ATLETISMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20

Publicado por: Ourense Atletismo

Ourense Atletismo rematou na oitava posición no Campionato de España Sub20 celebrado nas pistas de Vallehermoso en Madrid. Os 59 puntos conseguidos quedaron lonxe do podio pero mostraron o nivel competitivo ao estar a tan só un punto das sétimas e seis da sexta praza.

A nivel individual destacar as vitorias de Manuela Blanco en pértega con 3.66, de Iria Solera en altura con 1.70 os segundos postos de Aitana Capeáns no disco con 37.70, de Icía Ares nos 5.000 marcha con 26:51.16 e de Sabela Castelo nos 3.000 con 9:36.96.

A participación do club volve colocar ao equipo na élite española e deixa boas sensacións para a volta do equipo feminino á Primeira División do Campionato de España de Clubs despois de catroce anos.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Clubes Sub-20 Final A (Hombres y Mujeres

La entrada O OURENSE ATLETISMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: O OURENSE ATLETISMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20

Mas noticias relacionadas