OITAVAS DE ESPAÑA EN CATEGORÍA SUB20

Publicado por: Ourense Atletismo

O Club Ourense Atletismo logra a oitava praza no Campionato de España de Clubs sub20 disputado en Madrid. As rapazas logaron con moito mérito clasificarse na final A e competiron con moita valentía nun encontro no que partían como as máis modestas.

Destacar as vitorias de Leyla Villar nos 3.000 con 10:36.25 e de María Estévez nos 2.000 obstáculos con 7:17.48, sendo esta última atleta do filial Ames. En segunda posición terminou Manuela Blanco en pértega, cunha marca de 3.66.

Finalmente o equipo rematou en oitava posición con 62 puntos a 12,5 puntos da sétima posición, polo que a desclasificación nos relevos non foi relevante. Excelente resultado en todo caso dun equipo cuxo principal mérito foi o de clasificarse na final A e que se coloca entre a elite do atletismo español, demostrando a súa competitividade no campionato.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Clubes Sub-20 Final A (Hombres y Mujeres)

La entrada OITAVAS DE ESPAÑA EN CATEGORÍA SUB20 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: OITAVAS DE ESPAÑA EN CATEGORÍA SUB20

Mas noticias relacionadas