Os clubs galegos acuden ao seu nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

O encontro que manterá a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta na 1ª categoría Prata será o máis emocionante dunha Copa de España de Clubs que arrincará o vindeiro día 6 de setembro no estadio madrileño de Vallermoso. Xunto aos representantes galegos competirán formacións de Andorra, Canarias, Catalunya, Aragón e Comunitat Valenciana.

Outro dos equipos galegos masculinos clasificados por estadillo para este Campionato de España de Clubs será o Atletismo Narón quen tomará parte encadrado na 2ª Categoría da serie B.

Xa por parte dos equipos femininos, novamente a Sociedad Gimnástica estará na 1ª Categoría de Prata compitindo o día 5 de setembro en Vallehermoso, desprazándose tamén as formacións do Atletismo Feminino Celta quen participará no encontro da 2ª categoría da serie A e o ADAS Proinor que fará o propio na 2ª categoría da serie B en Cáceres

O equipo galego en División de Honra do Ria Ferrol, foi un dos varios equipos que renunciou a tomar nesta Copa logo de valorar a situación sanitaria

Resultados Femininos

Resultados Masculinos

Foto: Ollo de Xan

O artigo Os clubs galegos acuden ao seu nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os clubs galegos acuden ao seu nacional

Mas noticias relacionadas