RESULTADOS dos CAMPIONATOS DE GALICIA SUB16 e SUB18 (26 e 27 maio)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogalicia_sub16sub18_26-270518resultados-.png
 
Destacados os resultados acadados nos CAMPIONATOS DE GALICIA ao aire libre a pasada fin de semana para as categorías SUB16 e SUB18, nos que as atletas do Lucus Caixa Rural Galega tiveron máis que protagonismo. Segue a ler para enterarte!
Ao longo da xornada de mañá do sábado 26 de maio terían lugar as probas para as xuvenís (SUB18), nunha competición marcada pola victoria das nosas rapazas na localidade ferrolana. Ás 11:15 horas comezaba o salto con pértega feminino, do que resultaría subcampiona galega  Raquel López Amado, superando o listón nos 2.42 metros. Case simultaneamente, disputábase a proba de xavelina feminina, na que Uxía Sureda Pardo loitaría en cada lanzamento por converterse na campiona galega da proba, cun mellor rexistro de 36.91 metros que, ademais de proporcionarlle a vitoria, daríalle a súa mellor marca persoal da tempada. A mediodía, Lucía López López faría o seu nos 800 m.l., detendo o cronómetro nos 2:26.31 que a subirían ao podio como subcampiona autonómica, moi preto da mínima para a vindeira cita a nivel nacional.
 
resultadosbotn.png
 
  ctogaliciaalsub18_260518_1.jpg
 
ctogaliciaalsub18_260518_3.jpg
 
ctogaliciaalsub18_260518_4.jpg
 
Xa na sesión do domingo 27, sería en O Barco de Valdeorras onde, de novo, as vitorias estarían protagonizadas pola figura feminina, nesta ocasión por parte das cadetes do club (SUB16). A competición iniciábase coa marcha ás 11:00h. da mañá, onde Mariña Peixoto Otero lograría rematar os 3km coa terceira posición, nun tempo de 18:17.41, subindo ao podio para recoller a súa medalla de bronce. Horas máis tarde, na proba de salto de lonxitude, a medalla de ouro viría da man de Carla Mourelle Teijeiro, que se alzaría coa vitoria cun mellor rexistro de 5.24 metros e co título de campiona galega.
 
resultadosbotn.png
 
ctogaliciaalsub16_270518_1.jpg
 
 ctogaliciaalsub16_270518_2.jpg
 
Noraboa tamén aos demais atletas que participaron nesta cita autonómica e que día a día conseguen mellorar os seus rexistros con esforzo e moita dedicación, así como aos seus adestradores, que sempre están aí para medrar con eles/as.
 
BO TRABALLO!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS dos CAMPIONATOS DE GALICIA SUB16 e SUB18 (26 e 27 maio)

Mas noticias relacionadas