TREMENDOS RESULTADOS NOS GALEGOS DE LANZAMENTOS LONGOS

Publicado por: Ourense Atletismo

Tremendos os resultados acadados nos campionatos galegos de lanzamentos longos celebrados esta fin de semana en Vigo. O Ourense Altetismo veu cun total de seis medallas no conxuntos destes dous campionatos celebrados na fin de semana.

O sábado 10 foi o turno do Campionato Galego de Lanzamentos Longos sub18 e sub20, onde vimos o ouro de Hugo Fernández con 51.32 m. e o bronce de Daniel Villanueva con 44.70 m. no martelo sub20.

No campionato sub18 Martina Vila foi prata en disco con 3.82 m. e Icía Ares oitava en xavelina con 23.46.

Xa o domingo, no Campionato Galego de Lanzamentos Longos sub16Javier Cid gañou en martelo cun espectacular rexistro de 52.19, mmp e terceira mellor marca española. Manuel Eirín, que o día anterior lograra a medalla de prata en peso en pista curta, consegui nesta xornada o ouro en xavelina cun mellor lanzamento de 41.74 m. e a prata en disco con 45.62 m.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

VIII Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos sub-16

VIII Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos sub-18 & sub-20

La entrada TREMENDOS RESULTADOS NOS GALEGOS DE LANZAMENTOS LONGOS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: TREMENDOS RESULTADOS NOS GALEGOS DE LANZAMENTOS LONGOS

Mas noticias relacionadas