Ourense dará acollida á Copa de clubs e o nacional Sub16

Publicado por: F.G. Atletismo

Novamente a pista cuberta de Ourense e como xa fixera con anterioridade, será sede durante o 2023 da disputa de dúas importantes citas nacionais.

En concreto será o día 11 de febreiro cando sobre o sintético ourensá se reciba o Campionato de España  de clubs Copa RFEA e Copa Iberdrola que dará acollida aos mellores clubs de España en ambas categorías na procura deste importante título. Lembramos que a edición do ano pasado, que se celebrou Barcelona, coroaba na categoría  femenina ao Playas de Castellón e ao F.C.Barcelona na masculina.

Un mes e medio máis tarde, o 26 e 26 de marzo, novemente cita atlética ao máis alto nivel. Desta ocasión o recinto cuberto recibe as máis importantes promesas do noso deporte ca disputa do Campionato de España Sub16 na que estarán en liza un importante número de atletas achegados de todas as partes do Estado

Ourense, referente de instalación e organización

Desde a inauguración da pista cuberta a finais do ano 2017, Ourense convertiríase de maneira inmediata no epicentro de toda a actividade autonómica que ata ese intre viña ocupando o recinto cuberto de Riazor con máis de medio século de antiguedade. De igual modo, as prestacións e a calidade da mesma, foi motivo para que se desenvolverán cinco campionatos de España entre os que se atopan o Sub20 no ano 2018, os campionatos máster nos anos 2019 e 2021 e os máis importantes ata o momento, os campionatos de España absolutos dos anos 2020 e 2022, desenvoltos todos eles cun notable éxito tanto no deportivo como no organizativo.

 

O artigo Ourense dará acollida á Copa de clubs e o nacional Sub16 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ourense dará acollida á Copa de clubs e o nacional Sub16

Mas noticias relacionadas