
Publicado por: F.G. Atletismo
Sanysec-Ourense Atletismo na categoría feminina e Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, proclamáronse esta fin de semana campións galegos de Copa na edición levada a cabo na pista cuberta de Expourense.
Este ano, a diferencia do pasado, non houbo sorpresas e os principais favoritos á Copa impuxéronse nun encontro cargado de emoción e intensidade
No apartado feminino o Sanisec-Ourense Atletismo lograba o seu terceiro título consecutivo, certificando un novo periodo de dominio copeiro. Lideradas polas saltadoras Iria Solera en altura, Manuela Blanco en pértega e Alba Martínez en triplo, así como por Irma Veiguela nos 800 m.e Andrea Reija nos valos, as ourensáns foron distanciandose do resto de equipos ata lograr unha suma final de 89 puntos. A once puntos de distancia quedaba a Gimnástica de Pontevedra como subcampión de Copa con Cris Garrido, Sabela Martínez, Paula Fernández e Andrea Villaverde como as mellores gimnásticas. O Celta Atletismo con 66 puntos, completaba os postos de honra.
Na categoría masculina, a Gimnástica, coa lección ben aprendida do ano pasado, non quixo deixar lugar a sorpresas e saíu á pista co claro obxectivo de sumar a súa décimo segunda copa. Deles foron os triunfos parciais nas probas de medio fondo, fondo e remudas de mans de Pedro Osorio nos 800 m. e de Carlos Porto nos 3000 m, así como nos concursos de altura e de lonxitude con Adrián Pastoriza e Sergio Coello respectivamente. Por parte do Celta, Pablo Fernández en pértega e Miguel Angel Granado en peso foron os máis destacados dos celestes quenes quedaban segundos a cinco puntos dos campións.
Cos dous primeiros postos decidos, a emoción centrouse en determinar cal era o terceiro conxunto clasificado desta edición á que aspiraban con máis opcións lucenses, coruñeses e naroneses. Antón Cillero gañador dos 60m. e Eloy García gañador dos 200 m. xunto ao resto de integrantes, despexaban a igualdade para que finalmente o Marineda Atlético volvera a un podio dun campionato de Copa.

O artigo Ourense e Gimnástica erguen o título de Copa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Ourense e Gimnástica erguen o título de Copa
