Ourense prepárase para a súa San Martiño

Publicado por: F.G. Atletismo

Continuando co calendario de probas oficias de ruta da Federación Galega de Atletismo, esta semana contanos ca celebración doutra dos grandes eventos autonómicos, a tradicional Carreira da San Martiño

Será o sábado cando arrinque a edición número sesenta e dúas desta clásica que conta cunha ampla participación de atletas que sobrepasará os 11.000 inscritos. A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e Federación Galega de Atletismo, celebrarase este domingo día 18 ás 11.00 horas ca tradicional saida da Ponte do Milenio sobre unha distancia homologada de 10 km.

A esta cita acudirán os mellores especialistas galegos do momento entre os que se atopan tanto Paula Mayobre como Alex Fernández, que veñen de estar competindo a un altísimo nivel nas últimas citas. Lembramos que o ourensán defende o título acadado o ano pasado contando da mesma maneira ca gañadora feminina a lucense, pero con ficha asturiana, Marta Casanova.

Ademáis da carreira absoluta, contarase con varias probas de menores cunha amplísima participación, dando comezo as 12.30 horas

Regulamento

Redes Sociais

 

 

O artigo Ourense prepárase para a súa San Martiño publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ourense prepárase para a súa San Martiño

Mas noticias relacionadas