Ourense recibe a fase final da Liga ABANCA

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana acontecerá na pista cuberta de Ourense a gran cita anual das categorías menores que convertirán a instalacións de Expourense nun auténtica marea de atletas, adestraores e familiares que disfrutarán das evolucións dos máis cativos do noso deporte.

Logo dos distintos sectores previos, un total de 48 equipos son os que finalmente accederían a esta fase final que se desenvolverá en dobre xornada dando comezo a primera delas as 10.30 h. ca participación dos equipos Sub10 e Sub12,  para ser a partir das 17.00 horas cando sexa o momento dos Sub14 .

Durante o transcurso da xornada e sobre as doce do medio día aproximadamente,  haberá una concentración no centro da instalación de todos os asistentes onde que se agardará un minuto de silenzo baixo o lema ” CORRER E VIVIR SEN MEDO” e na que o atletismo galego súmarase ós actos de denuncia e repulsa contra os asasinatos machistas.

A maiores as citas pedestres de Ridavia, Lugo, Porto do Son, Vigo e A Rúa, completarán a oferta atlética do fin de semana

Concentración do Sector de medio fondo e fondo

Noutra orde de cousas un total de 23 atletas xa confirmados, tomarán parte na concentración de Nadal do Sector de medio fondo e fondo que se desenvolverá en Ourense dos días 27 ó 29 deste mes.

Equipos participantes VI Liga ABANCA

Anexo e Horario da Liga ABANCA

Horario Cámara Chamadas Final Liga ABanca

Relación de atletas na concentración de medio fondo e fondo

 

O artigo Ourense recibe a fase final da Liga ABANCA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ourense recibe a fase final da Liga ABANCA

Mas noticias relacionadas