Prata por equipos para Nimo nos Europeos

Publicado por: F.G. Atletismo

Un novo capítulo de excelencia escribiriase no día de onte no Estadio Olímpico de Berlín para o atletismo galego. O último dos participantes nos campionatos de Europa de Atletismo Pedro Nimo tomaba a saída na proba de maratón xunto a un destacado equipo hispano que aspiraba ó podiu por paises.

O de Santiago que viña cun rexistro de 2h.15:12 acadado no mes de Novembro en Donostia, foi quen de plantexar unha carreira moi intelixente na que logo de invertir un rexistro de 2h.18:43 remataría nun fantástico vixésimo segundo lugar nunha proba gañada polo belga Naert con 2h.09:51.

A actuación de Pedro Nimo iría unida a do resto dos componentes do combinado nacional e na que xunto a Javi Guerra (4º, con 2h.12:22), Jesús España (6º, con 2h.12:18) e Raúl Santiago (16º, con 2h.17.24) darían a España a medalla de prata por equipos pechando uns magníficos campionatos para o atletismo galego.

Resultados

O artigo Prata por equipos para Nimo nos Europeos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Prata por equipos para Nimo nos Europeos

Mas noticias relacionadas